Noticias y alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

13/11/2026

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ Nas últimas datas realizáronse entre outras actuacións:
👉 Accións propias da tempada de xardinaría na praza da Constitución, Guadalupe, escola infantil municipal, parte posterior do Hospital Asilo, paseo fluvial, San Roque, xardín do Emigrante, retirada de folla de espazos comúns, etc.
👉 Accións varias de reparación e limpeza en distintos espazos urbanos. Retirada de pegatinas publicitarias en mástiles de farolas e outros lugares de mobiliario urbano
👉 Rozas en camiños e campos de festas: Santaballa, Sancovade, Belesar.
👉 Substitución de elementos deteriorados (taboleiros e outros) nos silos para pellets na Casa do Concello.
👉 Pintado de espazos e outras accións no cemiterio municipal.
👉 Remate da poda invasora no tramo Vilalba / Boizán (N 634).
👉 Retirada dunha árbore nunha pista en Lanzós.
👉 Preparativos para a celebración da Tasca do Liño en Ínsua.
👉 Limpeza de cunetas en Gondaisque.
👉 Segado do campo de rugbi.
👉 Traballos varios relacionados coa rede de alumeado municipal. Resolución de avarías.
👉 Continuación cos traballos derivados das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies