🤝🏼 Onte acompañamos ao Instituto de Estudos Chairegos - Iescha - na apertura das Xornadas sobre Inmigración, unha iniciativa para crear espazos de reflexión, diálogo e coñecemento arredor dos movementos migratorios que se desenvolve co apoio do Consello da Cultura Galega
📌 A tarde deixounos diferentes perspectivas sobre unha realidade que nos toca de preto: a historia galega de emigración e a súa conexión coa inmigración actual; a arte como ferramenta de transformación social; a proliferación dos discursos de odio e como combatelos; ou a visión utilitarista da inmigración, entre outras cuestións.
🖼️ Na apertura tamén se inauguraron dúas exposicións que merece moito a pena visitar: "As cores do respecto", de Le Magic Mayimba (Pablo del Valle), e "Os Adeuses", con fotografías de Alberto Martí. Poderán visitarse na Casa da Cultura ata o 10 de decembro.
✅ As xornadas continúan hoxe, cun novo programa de relatorios e propostas para seguir afondando nos retos da convivencia, a diversidade e a integración.
👏🏻 Desde o Concello seguiremos apoiando iniciativas coma esta, que achegan coñecemento, fomentan o pensamento crítico e axudan a construír unha sociedade máis aberta e respectuosa. ❤️
#alcaldia #inmigración #iescha #xornadas #concellodevilalba