Noticias e alertas

📸🎃 Xa temos gañadores e gañadoras do Concurso de Fotografía de Samaín de Vilalba! 👻 Queremos dar os nosos máis sincer...

15/11/2026

📸🎃 Xa temos gañadores e gañadoras do Concurso de Fotografía de Samaín de Vilalba! 👻
Queremos dar os nosos máis sinceros parabéns a todas as persoas premiadas e agradecer de corazón a participación a todas as que compartistes as vosas fotografías. Enchestes este Samaín de creatividade, imaxinación e moita maxia. ✨
Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Turismo, busca poñer en valor a nosa cultura e tradicións. A concelleira de Turismo, María Xosé Fernández, quixo destacar o éxito desta edición:
🗣 "Estamos encantados coa gran acollida e o altísimo nivel das imaxes recibidas. A xente de Vilalba demostrou unha vez máis o seu talento e a súa implicación para manter vivo o espírito do Samaín. Grazas a todos e todas por facelo posible", sinalou a edil.
Grazas por formar parte desta iniciativa e por axudarnos a manter viva a nosa tradición! 🖤
📷 Aquí vos deixamos as fotografías premiadas para que poidades desfrutar delas 👇
#TurismoVilalba #Vicealcaldia #CulturaGalega #TradiciónGalega #Vilalba #SamaínVilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies