Noticias e alertas

🚺 Vilalba conmemora o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha programación especial d...

20/11/2026

🚺 Vilalba conmemora o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha programación especial deseñada polo departamento de Igualdade do Concello.
🗓️ Durante os vindeiros días desenvolveranse actividades nos centros educativos e propostas abertas á cidadanía, con contacontos, obradoiros, un cinefórum e o monólogo “Eso no es amor”, de Marina Marroquí.
📍 O acto institucional terá lugar o 25 de novembro, ás 12:00, na Praza da Constitución, coa lectura do manifesto a cargo de Antía Leal Paz, capitana do equipo feminino do @vilalbafs
📌 Unha programación para educar, reflexionar e seguir avanzando cara a unha sociedade libre de violencia machista.
💜 A igualdade constrúese todos os días. A loita contra a violencia machista é responsabilidade de toda a sociedade.
#alcaldía #igualdade #25N #loitacontraaviolenciamachista #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies