💜 Recordamos as actividades abertas ao público xeral con motivo do 25N en Vilalba.
📅 25 DE NOVEMBRO | 12:00 H
📍 Praza da Constitución
Acto institucional e lectura do manifesto a cargo de Antía Leal Paz, capitana do primeiro equipo feminino do @vilalbafs
📅 27 DE NOVEMBRO | 17:30 H
📍 Casa da Cultura
Cinefórum da curtametraxe “Por qué volvías cada verano”, de Juli Suárez (LGC FILMS), dinamizado por Marta Quintas, Axente de Igualdade do Concello.
📅 4 DE DECEMBRO | 10:30 H
📍 Auditorio Municipal
Monólogo “Eso no es amor”, de Marina Marroquí, organizado pola Deputación de Lugo e dirixido aos institutos da provincia.
ℹ️ A actividade ten aforo limitado. Para solicitar praza, é necesario enviar un correo a mullereigualdade@deputacionlugo.org, indicando nome, apelidos e teléfono. A Deputación comunicará por esa mesma vía se hai dispoñibilidade.
📅 18 DE DECEMBRO | 17:30 H
📍 Liga Santaballesa
Obradoiro “Muller, non te esquezas de ti”.
🚺 A igualdade constrúese todos os días. A prevención e a loita contra a violencia machista son responsabilidade de toda a sociedade.
#alcaldía #igualdade #25N #programación #concellodevilalba