🎄✨ A Concelleira de #Comercio, María Xosé Fernández, e o Vicealcalde, Modesto Renda, anunciaron hoxe a convocatoria do VII Concurso de Escaparates Nadal 2026 - 2027, unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Comercio, Turismo e Promoción da Lingua para dinamizar e apoiar o comercio local durante as festas navideñas.
📅 O certame desenvolverase do 11 de decembro ao 7 de xaneiro, convidando os establecementos vilalbeses a encher de luz, creatividade e espírito de Nadal as súas vitrinas.
📋 Datos clave da convocatoria:
📝 Inscrición: Aberta ata o 11 de decembro ás 14:00 h. Debe enviarse o Anexo I cuberto (dispoñible en www.vilalba.gal) xunto cunha fotografía do escaparate decorado a cultura@vilalba.es.
🏆 Premios:
🥇 1º premio: 600 €
🥈 2º premio: 400 €
🥉 3º premio: 200 €
🎁 Entrega de premios: 9 de xaneiro de 2027, ás 14:00 h, na Casa da Cultura.
🌐 Podes consultar as bases completas e máis descargar o anexo de dereitos de imaxe aquí 👇
https://www.vilalba.gal/…/o-concello-de-vilalba-convoca-o-…/
🛍️❤️ Animamos todo o comercio local a participar e a facer de Vilalba un referente estas festas! 🎄✨
#Vilalba #ComercioLocal #ConcursoDeEscaparates #Vicealcaldía