🎄 O Nadal tamén chega ás parroquias!
📢 Como pequeno adianto da programación de Nadal, queremos contarvos que este ano volven os obradoiros de decoración con materiais reciclados para preparar estas festas dun xeito creativo e sostible.
📍 Levaranse a cabo en Corbelle, Carballido, Román, Distriz e Mourence, con actividades nas antigas casas escola de cada parroquia. Non é necesario ser veciño/a da parroquia para asistir, están abertas a todos e todas!
🕔 De 17:00 a 20:00 horas.
📅 Do 1 ao 9 de decembro, consulta o calendario na publicación!
✨ Actividades gratuítas e sen inscrición previa. As nenas e nenos menores de 10 anos deberán acudir acompañados dunha persoa adulta.
❤️ Gozamos do Nadal compartindo momentos e creando decoración entre todas e todos!
#alcaldía #infanciaexuventude #nadal #rural #parroquias