Noticias y alertas

🙌🏼 As actividades de dinamización rural xa están en marcha nas parroquias de Vilalba! 📌 Un total de 22 parroquias par...

26/11/2026

🙌🏼 As actividades de dinamización rural xa están en marcha nas parroquias de Vilalba!
📌 Un total de 22 parroquias participan neste novo ciclo, cunha programación que inclúe catro modalidades: manualidades, memoria, ximnasia de mantemento e pilates.
🤝🏼 Son actividades pensadas para compartir, aprender, manterse activos e gozar de momentos de encontro, sen necesidade de desprazarse ata o núcleo urbano.
👀 Lembra:
➡️ Son totalmente gratuítas.
➡️ Non precisas inscrición previa.
➡️ Podes participar aínda que non residas na parroquia onde se realiza a actividade.
➡️ Hai diferentes horarios e localizacións para facilitar a participación.
🖥️ Consulta a programación completa e busca a actividade que mellor se adapte a ti en www.vilalba.gal/novas.
🤗 Anímate a participar! As actividades están abertas a todos e todas.
#alcaldía #dinamizaciónrural #actividades #parroquias #rural

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies