Noticias e alertas

✅ A alcaldesa de Vilalba informa do próximo remate das obras de mellora da depuradora do municipio tras un investimento de 1,5 m...

20/09/2023

✅ A alcaldesa de Vilalba informa do próximo remate das obras de mellora da depuradora do municipio tras un investimento de 1,5 millóns de euros



Elba Veleiro e José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, supervisaron hoxe os traballos, que estarán listos a finais de outubro



👉 O obxectivo das obras é limitar as verteduras sen tratamento adecuado ao río Madalena, para o que se acometeron dúas actuacións: a ampliación do pretratamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Vilalba e a construción dun tanque de tormentas, para a laminación e regulación de caudais en tempo de choiva.



“Unhas obras moi importantes para Vilalba, que nos permiten avanzar coa mirada posta en solucionar un problema recurrente que afecta, por un lado, ao noso medio natural, e por outro, a moitas familias de Vilalba”, explica Elba Veleiro.



🖇 Máis información: https://lc.cx/d-H4-S



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies