Residuos - Vilalba

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 22/2011, de Residuos)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei 22/2011 de Residuos (art.17) define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na orde mam/304/2002, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Punto limpo

Polígono industrial de Sete Pontes

Horario: de luns a venres de 16:00 a 20:00

Sábados de 10: 00-14: 00 (pechado os sábados de xullo e agosto)

Residuos exclusivamente de persoas inscritas no concello de Vilalba

Residuos Admitidos:

Papel e cartón

Punto limpo

Aceites e graxas comestibles

Madeiras

Plásticos

Metais

Residuos voluminosos

Terra e pedras

Aceites minerais non clorados de motor

Envases que conteñen restos de substancias perigosas

Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio

Baterías e acumuladores

Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorocarbonos

Equipos eléctricos electrónicos fóra de uso

Contenedores Roupa

Contedores de Roupa

Av. Cidade de Lugo (43°17'20.1"N 7°40'44.5"W)

Cidade de Viveiro (43°18'14.9"N 7°40'43.2"W)

Av. Terra Cha (43°17'39.9"N 7°40'14.6"W)

Contedores de Aceite

1- Estrada LU-P-6512 (43.297913,-7.687332)

2- Rúa Conde Pallares s/n (43.293596,-7,683512)

3- Rúa San Roque nº 2 (43.297225, -7.683048)

Contedores de Aceite

4- Estrada C-641, avda. de Lugo (43.292457,-7.679890)

5- Rúa de Galicia nº 31 (43.296306,-7.6814272)

6- Rúa Calvario nº 48 (43.295459,-7.678999)

7- Avda. Terra Chá nº 65 (43.295197,-7.674076)

8- Rúa Mestras Amelia e Sagrario (43.297155,-7.676130)

9- Rúa Campo de Puente nº 55-61 (43.300829,-7.675803)

10- Rúa Cidade de Viveiro nº 23 (43.302335,-7.678940)

11- Rúa Plácido Peña nº 14 (43.300191,-7.678778)

12- Rúa das Pedreiras nº 5 (43.298948,-7.682632)

13- Rúa Guitiriz nº 28 (43.297492,-7.677401)

14- Rúa da Pravia nº 1-3 (43.297978,-7.681638)

15- Rúa Nevado Bouza, grupo de contedores no parque (43.298249,-7.677763)

16- - Avda. Terra Chá nº 65 (Pendente de Reubicación)

Recollida Plásticos Agrícola

Recollida Plásticos Agrícola

Recollida de mobles

Baixo cita previa no Concello 982 510 305.

A recollida realízase unha vez ao mes (o día decídese en función da demanda) e avísase ao veciño de cando se vai a pasar.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies