Noticias y alertas

🤝🎶 O CONCELLO DE VILALBA E A DEPUTACIÓN DE LUGO REFORZAN O SEU COMPROMISO CO FIV 📌 A alcaldesa do Concello de Vilalba, Elba Ve...

16/03/2023

🤝🎶 O CONCELLO DE VILALBA E A DEPUTACIÓN DE LUGO REFORZAN O SEU COMPROMISO CO FIV



📌 A alcaldesa do Concello de Vilalba, Elba Veleiro, acudiu esta mañá ao Pazo de San Marcos onde asinou co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, un novo convenio de colaboración a través do cal a institución provincial triplica o seu apoio económico ao XVI FIV de Vilalba que se celebra do 28 ao 30 de abril.



💬 Elba Veleiro agradeceu ao presidente o seu compromiso cun dos eventos máis importantes da vila xunto á Feira do Capón ou a Festa do Queixo San Simón da Costa. “Queremos ir máis aló, dar un paso máis na dimensión deste formato que contará este ano cunha das programacións máis completas ata a data con actividades que inclúen propostas para toda a familia”, subliñou a rexedora de #Vilalba.



💬 José Tomé, pola súa banda, explicou que este acordo co que a institución achega 50.000€ ao Concello de Vilalba permitirá dar “unha maior proxección a este evento musical, que durante os tres días de celebración da cita recibirá a milleiros de visitantes”.



✔️ O FIV de Vilalba 2023 abre a tempada do calendario festivaleiro na provincia cun cartel que entre os días 28, 29 e 30 de abril reúne a bandas e artistas do panorama indie nacional e galego como Lori Meyers, La Casa Azul, Sidecars, xunto a proposta infantís como a Gramola Gominola.



🔗 Aínda se poden mercar os abonos do terceiro tramo á venda na web https://fivdevilalba.com, a un prezo de 38 euros, tras esgotarse os dous primeiros en decembro.



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies