Noticias e alertas

🌍👉🏻 O CONCELLO DE VILALBA SÚMASE HOXE Á 'HORA DO PLANETA' APAGANDO AS LUCES DOS SEUS EDIFICIOS E MONUMENTOS MÁIS EMBLEMÁTICOS 💡...

25/03/2023

🌍👉🏻 O CONCELLO DE VILALBA SÚMASE HOXE Á 'HORA DO PLANETA' APAGANDO AS LUCES DOS SEUS EDIFICIOS E MONUMENTOS MÁIS EMBLEMÁTICOS



💡 O Concello de Vilalba súmase á #HoraDelPlaneta, o movemento mundial no que participan máis de 190 países e millóns de persoas e co que o municipio chairego amosa o seu compromiso na loita co cambio climático e a perda de biodiversidade.



🙌 Deste xeito, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a Casa do Concello, a Praza da Constitución, as letras emblemáticas de Vilalba e as Torres dos Andrade apagarán a súa iluminación nun xesto simbólico para crear conciencia social sobre a necesidade de ser máis respectuosos coa natureza.



✔️Dende o Concello de #Vilalba aproveitamos esta xornada para recordar que estamos a vivir nun estado de emerxencia planetaria á que debemos dar solución todas as persoas no seu conxunto.



🤝 Por iso animamos á veciñanza a sumarse apagando tamén as luces dos seus fogares.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies