Noticias e alertas

⚠️👉 O CONCELLO DE VILALBA ABRE UN PRAZO EXTRAORDINARIO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN 📌 O Concello de Vilalba anunc...

23/05/2023

⚠️👉 O CONCELLO DE VILALBA ABRE UN PRAZO EXTRAORDINARIO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN



📌 O Concello de Vilalba anuncia que dende hoxe, martes día 23 de maio, ata o luns día 29, abre un prazo extraordinario de inscrición ata cubrir vacantes nos Campamentos de Verán.



✍️ Neste período especial non se aplicarán os baremos de selección e as prazas adxudicaranse por rigoroso orde de entrada no rexistro.



🧩 Os Campamentos Urbanos de Verán 2023 son unha iniciativa que ten como obxectivo permitir ás familias conciliar a vida persoal e laboral.



✅ Haberá dúas quendas, a primeira do 3 ao 28 de xullo, e a segunda do 31 de xullo ao 25 de agosto, cada unha con 40 prazas dispoñibles. Os interesados pódense inscribir en ambas, sempre indicando unha delas como preferente.



✅ A convocatoria vai dirixida aos nenos e nenas con idades entre os 5 e 12 anos (nados entre o 2018 e 2011), con preferencia para os empadroados en Vilalba, cun horario de actividades entre as 9.00 a as 14.00 horas.



✅ O procedemento de inscrición será a través da sede electrónica do Concello (https://vilalba.sedelectronica.es) ou presencialmente no rexistro xeral situado no 1.º andar do Concello (Teléfono: 982 510 305).



✅ O custe será de 90 euros por quenda para cada un dos nenos ou nenas empadroados; 180 € para os non empadroados; e será de balde nos casos exentos previo informe de Servizos Sociais.



ℹ️ Pódense consultar as bases de inscrición así como o programa de actividades (suxeito a posibles variacións) na web do Concello: https://n9.cl/0mqbm



#campamentosvilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies