Noticias e alertas

📚 A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou hoxe en...

06/06/2023

📚 A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou hoxe en Vilalba ao equipo docente e directivo do IES Santiago Basanta Silva polo seu gran traballo na promoción da lectura entre o alumnado do centro, tras ser recoñecido co primeiro galardón nos Premios Clubs de Lectura Escolares de toda España, na modalidade de centros de Secundaria, que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional.



📸 Fíxoo durante unha visita este martes, acompañada da alcaldesa en funcións, Elba Veleiro; a concelleira de Educación, Antía Rama; así como da directora do instituto, Mari Trillo; e a responsable do proxecto, Sabela Tenreiro; para coñecer de primeira man as actividades que levan a cabo no Club de Lectura `Almas de tinta´.



Isabel Rodríguez enxalzou a implicación do persoal do centro vilalbés para ofrecer “unha programación, centrada na literatura, atractiva para os estudantes de todas as idades, que mostra o bo facer dos centros da provincia”.



Ademais, a subdelegada animounos a continuar nesta liña de traballo que repercutirá nunha mellora educativa e no futuro profesional dos propios alumnos.



O proxecto educativo conta con máis de 100 participantes, de todos os niveis educativos de Secundaria e Bacharelato, ademais dun grupo de adultos integrado por profesorado e veciños e veciñas do municipio.



👉 “Sodes un exemplo da importancia que ten promover plans orientados no desenvolvemento e crecemento dos rapaces e mozas a través da lectura, con tempos diarios dedicados a ela, formando a lectores competentes, un dos grandes obxectivos do sistema educativo”, destacou pola súa parte Elba Veleiro.



Este recoñecemento do Goberno vai acompañado dunha achega económica de 4.500 euros destinada á realización de actividades “para conseguir que a lectura rompa as fendas estruturais e convértase nun hábito social real”.



`Almas de tinta´ O club de lectura do IES Santiago Basanta Silva leva dez anos servindo como rede neurálxica para as actividades do centro, realizando acampadas na biblioteca, actos de presentación de autores, faladoiros radiofónicos, roteiros literarios ou representacións teatrais.















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies