Noticias e alertas

🤸🏽‍♀️ Na tarde de onte deron comezo as xornadas do Programa Xunt@s da Deputación de Lugo nas que se imparte ximnasia de mantemen...

09/02/2024

🤸🏽‍♀️ Na tarde de onte deron comezo as xornadas do Programa Xunt@s da Deputación de Lugo nas que se imparte ximnasia de mantemento



📍 A alcaldesa, Marta Rouco, acompañada pola concelleira de Deportes, Paula Vigo, desprazouse ata a Casa Escola Habanera de Goiriz para facer entrega de equipamento deportivo proporcionado pola Deputación para os participantes na iniciativa



🗣️ Ademais, a rexedora salientou "a importancia deste tipo de actividades para promover un estilo de vida saudable e dinamizar o noso rural", agradecendo a colaboración de todos os veciños e veciñas que se achegaron ata Goiriz para practicar ximnasia de mantemento



ℹ️ Unha actividade gratuíta e sen necesidade de inscrición previa que seguirá impartíndose os xoves de 20:15 a 21:15 durante as vindeiras 16 semanas, ata comezos do mes de xuño



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies