Noticias e alertas

🏃🏽🏃🏽‍♀️ Hoxe os e as escolares dos centros educativos vilalbeses gozaron...

10/05/2024

🏃🏽🏃🏽‍♀️ Hoxe os e as escolares dos centros educativos vilalbeses gozaron dunha estupenda carreira no Estadio Municipal da Madalena para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado a Luisa Villalta



🏆 A competición, de carácter participativo, contou con 7 categorías e cun gran número de rapaces e rapazas que se animaron a participar nesta décimo cuarta edición da Carreira Escolar das Letras Galegas



🗣️ "É estupendo ver como os nosos rapaces e rapazas acollen con entusiasmo as iniciativas municipais que se lles propoñen, especialmente nun día coma hoxe no que se combina deporte, lingua e convivencia" sinalou a alcaldesa, Marta Rouco



🙏🏽 Aproveitamos para agradecer a Mercadona a súa colaboración nesta proba, sendo a empresa facilitadora do avituallamento deportivo para os/as deportistas



ℹ️ Ademais pedimos desculpas ás familias que se achegaron ata o campo e non puideron desfrutar da visibilidade oportuna para observar aos/ás seus/súas fillos/as. Non obstante, trátase dunha cuestión organizativa solicitada polos centros educativos para evitar posibles despistes do alumnado



🔜 De cara a futuras edicións estudaremos as posibilidades para combinar as solicitudes de todos/as os/as implicados/as







































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies