Noticias e alertas

🏫 Mañá, mércores 15 de maio, abre o prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal!

14/05/2024

🏫 Mañá, mércores 15 de maio, abre o prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal!



✍🏼 As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude na sede electrónica do Concello (https://vilalba.sedelectronica.es/dossier.6) ou ben, de forma presencial, no departamento de servizos sociais na Casa do Concello



🔜 Será o vindeiro xoves, 30 de maio, o último día para a presentación de solicitudes que deberán acompañarse da seguinte documentación:



1️⃣ As solicitudes de novo ingreso de nenos e nenas que figuren na lista de agarda da escola "Galiña Azul" deberán aportar:



👉🏽 Fotocopia do DNI do pai/nai ou representantes legais

👉🏽 Fotocopia do libro de familia

👉🏽 Declaración da renda do exercicio 2022 ou autorización para solicitar os datos fiscais



2️⃣ As solicitudes que non figuren na lista de agarda da escola "Galiña Azul" deberán aportar, ademais da documentación anterior:



👉🏽 Fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral dos pais no momento actual

👉🏽 Documentación, se procede, para acreditar circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta de Galicia



#alcaldia #servizossociais #educacion #escola #infantil #Concello #Vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies