Noticias e alertas

✅ O CONCELLO DE VILALBA TRABALLA PARA A CREACIÓN DA PRIMEIRA COMUNIDADE ENERXÉTICA LOCAL

15/05/2024

✅ O CONCELLO DE VILALBA TRABALLA PARA A CREACIÓN DA PRIMEIRA COMUNIDADE ENERXÉTICA LOCAL



👉 "O obxectivo é o autoconsumo enerxético en edificios e instalacións municipais co uso de enerxías renovables”, explica a alcaldesa, Marta Rouco



O Concello de Vilalba traballa para a posta en marcha da primeira comunidade enerxética local, unha iniciativa para fomentar o uso de enerxías renovables e o aforro enerxético en edificios e instalacións municipais.



O primeiro paso xa está dado, ao solicitar o concello unha subvención para asesoramento xurídico e técnico ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega).



“A nosa idea é constituir a comunidade enerxética e despois poñela andar, cos recursos e os investimentos dos que vaiamos dipoñendo”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.



“O que buscamos en primeiro lugar é o autoconsumo para instalacións municipais, pero tamén que sexa unha iniciativa aberta á participación veciñal nun radio de dous quilómetros”, engade.



O concello ten que ter constituída antes do 30 de setembro a comunidade enerxética, coa redacción e aprobación dos estatutos, e realizado o estudo técnico para determinar cal é a mellor ubicación para a instalación das placas fotovoltaicas, que son as que permitirán obter a enerxía para autoconsumo e abastecemento.



Ademais do autoconsumo e uso de enerxías limpas, a comunidade enerxética de Vilalba busca reducir a dependencia enerxética e o impacto ambiental, promover a conciencia cidadá na cultura da sostibilidade enerxética e contribuír a evitar situacións de vulnerabilidade enerxética.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies