Noticias e alertas

🔵 A alcaldesa, Marta Rouco, e a Concelleira de Deportes, Paula Vigo, reciben a...

15/05/2024

🔵 A alcaldesa, Marta Rouco, e a Concelleira de Deportes, Paula Vigo, reciben a Diego Villares no Concello para felicitalo polo seu recente ascenso a segunda división co Real Club Deportivo de La Coruña



🥳 Para transmitirlle a admiración e orgullo de todos os vilalbeses e vilalbesas, a alcaldesa e a Concelleira de Deportes recibiron a @diegovillares8 para felicitalo polo seu recente logro e animalo a seguir acadando as súas metas e desexos



🗣️ "É un orgullo que calquera vilalbés ou vilalbesa chegue lonxe e cumpra os seus soños. Neste caso, como non podía ser doutra forma, estamos especialmente felices e orgullosos do logro de Villares, un rapaz formado nas bases do Rácing Vilalbés, un equipo do pobo" sinalou a alcaldesa, @marta_rouco



💬 Pola súa banda, a Concelleira de Deportes, Paula Vigo, aproveitou a visita de Diego para felicitalo polo ascenso e "darlle ánimos para a seguinte tempada, pensando xa nun novo obxectivo e nunha nova meta que cumprir, porque estamos seguros de que chegará onde se propoña"



🫂 Ademais, Villares achegouse ata a Casa do Concello arroupado pola súa familia e amigos







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies