Noticias e alertas

🔜 O Concello vén de anunciar a apertura das novas piscinas exteriores da área recreativa da Madalena para o vindeiro sábado, 15 ...

10/06/2024

🔜 O Concello vén de anunciar a apertura das novas piscinas exteriores da área recreativa da Madalena para o vindeiro sábado, 15 de xuño



🗣️ Será a partir das 12:00 cando comecen as xornadas de portas abertas coas que o goberno local quere "animar á veciñanza a coñecer as novas instalacións e darse o seu primeiro baño" sinalou a alcaldesa, Marta Rouco



🕛 Os visitantes poderán acceder ás piscinas en franxas de dúas horas cun límite máximo de 150 persoas por tanda e de forma totalmente gratuíta ata o mércores 19 de xuño, incluído



🏊🏼 Durante a súa visita, que poderá ser de 12:00 a 14:00, de 14:00 a 16:00, de 16:00 a 18:00 ou de 18:00 a 20:00, terán a posibilidade de coñecer as instalacións e darse o seu primeiro baño



💬 Pola súa banda, a alcaldesa, Marta Rouco, explicou que "dende o goberno local levaremos esta semana ao pleno a nosa proposta de prezo público para as entradas, cuxo custe será de 0 euros para menores de 2 anos, de 2,50 euros para nenos e nenas de 3 a 14 anos e de 3,50 euros para maiores de 14 anos"



➕ Ademais, existirá a posibilidade de adquirir un bono de 10 baños por un prezo reducido de 20 euros para menores de 14 anos e de 30 para maiores de 14 anos



🚶🏽 En todos os casos, a entrada dará acceso ás instalacións durante todo o día, con posibilidade de saír e volver entrar durante o horario de apertura das piscinas que será de luns a domingo de 12:00 a 20:00 horas



#alcaldia #concelleriainfraestruturasurbanas #piscinas #exteriores #apertura #madalena #concello #vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies