📊 O goberno local levará ao pleno o orzamento para 2026, que ascende a 14,2 millóns de euros, reforzando o compromiso cos servizos públicos e coa veciñanza.
🏡 Unhas contas pensadas para garantir o funcionamento dos servizos básicos no día a día, facendo fronte ao incremento dos custes e mantendo a súa calidade.
🤝 Ademais, recóllese unha aposta clara polo tecido asociativo: a maior parte do diñeiro de libre disposición destinarase directamente a asociacións culturais, veciñais, deportivas e sociais do municipio.
👷♂️ Tamén se reforza a capacidade do Concello cunha nova praza técnica, que permitirá mellorar a xestión e optimizar recursos públicos.
💧 E continúase avanzando en cuestións clave como o abastecemento e saneamento, cun investimento específico para seguir mellorando estas infraestruturas.
Un orzamento realista, responsable e centrado no importante: os servizos, as persoas e o día a día de Vilalba.
#alcaldia #orzamentos #plenoordinario #concellodevilalba