Noticias e alertas

📗 O CONCELLO DE VILALBA PUBLICA O LIBRO DAS FESTAS PATRONAIS DE SAN RAMÓN E SANTA MARÍA, QUE SE PODERÁ MERCAR A PARTIR DO MARTES...

14/08/2022

📗 O CONCELLO DE VILALBA PUBLICA O LIBRO DAS FESTAS PATRONAIS DE SAN RAMÓN E SANTA MARÍA, QUE SE PODERÁ MERCAR A PARTIR DO MARTES



O libro📖 recolle a programación completa das festas patronais, con todas as actividades culturais, deportivas, musicais, de ocio e lecer previstas para eses días.

🎉 Na portada está a imaxe seleccionada no concurso de carteis das festas, un traballo de Cristóbal Aguiló.



❤️ Ademais, inclúe contidos moi variados e artigos asinados por persoas vencelladas ao pobo de Vilalba ou que gardan algunha relación especial coa capital da Terra Chá, mesmo escribindo sobre asuntos ou persoas relevantes e queridas para os vilalbeses.



🙌 Nas páxinas do libro inclúense espazos para visibilizar e recoñecer a todo o tecido asociativo cultural, deportivo e social, destacando á súa vez aspectos relevantes como a gastronomía da vila, a arte, ou a unión da veciñanza despois destes anos de pandemia.



✍🏽 Por suposto, poderedes ler o saúdo da alcaldesa, Elba Veleiro, da pregoeira, Beni Martínez, e un espazo especial para a A.V. San Cosme de Nete , a quen se dedica este ano o Día das Parroquias, asinado pola súa presidenta, Ángeles Rivas.



Agradecemos a todas as empresas que un ano máis colaboran coas Festas San Ramón e Santa María de Vilalba facendo a súa aportación con anuncios dos seus establecementos no libro. É por suposto, damos as grazas a todas e todos os colaboradores que escribiron no libro con gran dedicación, agarimo e xenerosidade.



‼️ Os exemplares do Libro das Festas Patronais poden adquirirse por un prezo de 💶 10 euros na Casa da Cultura ou no propio Concello a partir do martes 16 de agosto.



#FestasPatronais #Vilalba #SanRamón #SantaMaría #OrgulloDePobo #LibroDasFestas #Programación #Cultura #Deporte #Lecer #Concertos #Verbenas #DíaInfantil #DíaDaBicileta #OImportanteEstáNoInterior #XiraVilalba #CertameLiterario #Pregón



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies