Noticias e alertas

CENTRO HISTÓRICO DE VILALBA 🧳 Na túa estancia en Vilalba non pode faltar a visita ao casco histórico, que comeza partindo da of...

15/08/2022

CENTRO HISTÓRICO DE VILALBA



🧳 Na túa estancia en Vilalba non pode faltar a visita ao casco histórico, que comeza partindo da oficina de turismo, situada na Casa da Cultura, onde obterás a información que precises para moverte por Vilalba e a súa contorna.



🌳 Na praza de Suso Gayoso poderás contemplar a Pravia, un arce centenario senlleiro moi coñecido na vila. Moi próximo atópase o monumento máis representativo de Vilalba, a Torre dos Andrade.



🏰 A antiga Torre Homenaxe do castelo dos Andrade, orixinaria do século XIII pero, reconstruída en varias ocasións despois das Revoltas Irmandiñas no século XIV, distínguese pola súa planta octogonal e 40 metros de altura. Actualmente funciona como Parador de Turismo.



⛪ Preto da Torre atópase a praza de Santa María onde se empraza a igrexa parroquial e outras prazas antigas con moito encanto como a Praza Coronel Pena e a Praza de San Xoan.



🧀 Non esquezas facer unha parada nos nosos establecementos hostaleiros para para gozar da gastronomía local e perderte polos variados comercios e tendas que temos na vila! 🛍️



#TorreDeAndrade #TurismoVilalba #Vilalba #aPravia #CentroHistórico #PrazaSantaMaríaVilalba



Vilalba, o importante está no interior ❤️



ℹ️ Máis información en:



https://www.turismovilalba.es/listings/centro-historico-da-vila/



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies