Noticias e alertas

✅ O CONCELLO DE VILALBA LEVA AO IES LOIS PEÑA NOVO A PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘LAS...

03/12/2022

✅ O CONCELLO DE VILALBA LEVA AO IES LOIS PEÑA NOVO A PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘LAS CAPAS DE UNA CEBOLLA’ PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Co gallo do Día Internacional das Personas con Discapacidade que se celebra hoxe, 3 de decembro, o IES Lois Peña Novo de Vilalba acolleu a presentación do libro ‘Las capas de una cebolla’ de Fernanda Arrojo.



A obra desta escritora aborda a interseccionalidade de xénero e discapacidade física, así coma as diferentes violencias que sofren as mulleres con discapacidade.



A escritora, veciña de Lugo e con diversidade funcional, trata no seu libro sobre dous temas fundamentais: a inclusión das persoas e especialmente das mulleres con diversidade funcional, un doble reto nunha sociedade aínda con demasiadas carencias neste eido.



Fernanda Arrojo aborda en primeira persoa estas necesidades co obxectivo de dar voz e sensibilizar sobre aspectos clave da diversidade funcional para o alumnado do Ciclo Medio de Atención a Personas en Situación de Dependencia.











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies