Noticias e alertas

🚧👉O CONCELLO DE VILALBA SACA A LICITACIÓN DÚAS OBRAS DE REXENERACIÓN E...

15/03/2023

🚧👉O CONCELLO DE VILALBA SACA A LICITACIÓN DÚAS OBRAS DE REXENERACIÓN E PAVIMENTACIÓN NA PARROQUIA DE ÁRBOL



📌 O Concello de Vilalba saca a licitación dúas novas obras na parroquia de Árbol: a pavimentación e rexeneración de vías municipais de acceso a Moscarán, Grandavella e O Fondal, e a rexeneración dos accesos ó Couto, Espiñarido e O Barreiro.



🛣️ Ás obras acométense en 5 quilómetros das vías de titularidade municipal que son de gran relevancia e importancia para a circulación de vehículos lixeiros, pesados e maquinaria de todo tipo en dirección ás vivendas, explotacións agrogandeiras e parcelas agrícolas ou forestais do municipio.



✔️ Os traballos en Moscarán, Grandavella e O Fondal consistirán na apertura e limpeza de noiros, pavimentación, rexeneración e sinalización de vías.



✔️ O orzamento previsto é de 46,407.98 euros cun prazo de execución dun mes.



✔️ Por outra banda, a rexeneración dos accesos ó Couto, Espiñarido e O Barreiro inclúe limpeza de noiros e tubaxes, mellora do drenaxe mediante a colocación de tubaxes adicionais, recargo e nivelación das capas base mediante zahorra, macadam ou gravillón. Tamén se pavimentará mediante dobre ou triple rego asfáltico en toda a superficie e se fará a sinalización vertical das interseccións.



✔️ O orzamento previsto neste caso é de 48,193.45 euros.



















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies