Noticias e alertas

👩‍🎨🕵️‍♂️ O CONCELLO DE VILALBA ANUNCIA A ORDE NO DESFILE DE ENTROIDO DE...

12/02/2024

👩‍🎨🕵️‍♂️ O CONCELLO DE VILALBA ANUNCIA A ORDE NO DESFILE DE ENTROIDO DE MAÑÁ, MARTES 13



✍️ Nas dúas imaxes adxuntas tedes a orde do desfile de disfraces individuais, parellas, tríos, grupos e comparsas



📌 Tod@s @s participantes teñen que estar diante da estación de autobuses antes das 16:00 horas para recoller os dorsais e colocarse



🗓️ Percorrerán as rúas vilalbesas a partir das 16:30 horas, dende a estación ata a praza da Constitución, pasando pola rúa da Pravia



🏆 Nesta ocasión, os premios repartiranse en cinco categorías: individual infantil, individual adultos, parella ou trío, grupos (entre 4 e 10 participantes) e comparsas (11 ou máis integrantes)



💸 Os participantes optarán a gañar diferentes premios que irán dende os 110€ ata os 700€, podendo sumarse a estes outros 200€ se acadan o posto ao máis simpático ou ao máis orixinal



👥 E aquelas comparsas que non resulten gañadoras levarán unha axuda para custear os seus disfraces, pois haberá 1.000€ para repartir entre elas



🥨 Ademais...todos/as os/as participantes poderán degustar unha saborosa merenda!



😀 Grazas pola vosa asistencia!







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies