Noticias e alertas

✅ O CONCELLO DE VILALBA REALIZARÁ NOVE OBRAS PARA MELLORAR AS INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS E CONTRATARÁ A OITO TRABALLADORES CON C...

12/02/2024

✅ O CONCELLO DE VILALBA REALIZARÁ NOVE OBRAS PARA MELLORAR AS INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS E CONTRATARÁ A OITO TRABALLADORES CON CARGO AO PLAN ÚNICO 2024



👉 Reformas en instalacións deportivas, aire acondicionado para a escola infantil municipal, e melloras en varias rúas do casco urbano e en camiños das parroquias, entre as actuacións previstas



👉 “O obxectivo é mellorar a vida diaria dos nosos veciños e veciñas, e as instalacións dos centros educativos, como a escola infantil municipal e o CEIP Manuel Mato Vizoso”, explica a alcaldesa, Marta Rouco, que agradece “a implicación da Deputación de Lugo co noso concello".



As obras previstas son a reforma do acceso e da cuberta do almacén do estadio municipal Madalena; a renovación do pavimento da pista do pavillón polideportivo do CEIP Manuel Mato Vizoso; unha obra de paso no lugar de A Ribeira, na parroquia de Samarugo, e as repavimentacións da rúa Conde Pallares e da travesía que une a avenida Terra Cha coa rúa Mondoñedo.



Tamén está prevista a instalación de aire acondicionado na escola infantil municipal; a mellora da rúa da praza da Constitución; a mellora da accesos ao barrio da Abelaira, na parroquia de Corvelle, e ao barrio de Picol, en Árbol; o pintado de varias rúas no casco urbano, e o subministro de luminarias solares.



🖇 Máis información: https://lc.cx/AudToc



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies