Noticias e alertas

🤔 Sabías que en Vilalba existiu un Ateneo Cultural entre os anos 1935 e 1937?...

26/03/2024

🤔 Sabías que en Vilalba existiu un Ateneo Cultural entre os anos 1935 e 1937?



🔎 Pois así é! O Arquivo Municipal descubriu que a nosa vila contou durante dous anos cun ambicioso Ateneo Cultural presidido por Sebastián Martínez Risco que trouxo a Vilalba grandes poñentes entre os que estiveron:



🗣️ Otero Pedrayo, Vicente Risco, Noriega Varela, Filgueira Valverde, Iglesias Valverde, Pérez Bustamante, Julio Freijanes, Pedro Urquijo, Primitivo R.Sanjurjo e Antonio Quintela Ferreiro, entre outros



🕵🏼‍♀️ Na súa labor de investigación, o persoal do obradoiro de emprego do Arquivo Municipal atopou importantes documentos dos que vos traemos algunha fotografía:



📓 A portada dun libro de actas do Ateneo Cultural de Vilalba



🧾 O recibo da estancia no Gran Hotel Chao de Antonio Noriega Varela, Ciriaco Pérez Bustamante e Luis Iglesias Iglesias en decembro do 1935



📰 Unha noticia do xornal La Voz de Galicia sobre a conferencia de Vicente Risco en xaneiro de 1936



📰 Unha noticia do xornal La Voz de Galicia sobre a conferencia de Otero Pedrayo en xaneiro de 1936



💬 E ti, tiñas escoitado falar disto?







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies