Noticias e alertas

🟣🎫 O Concello de Vilalba reparte 6.200 "rascas" premiados con 20 #AbonosFIV...

26/03/2024

🟣🎫 O Concello de Vilalba reparte 6.200 "rascas" premiados con 20 #AbonosFIV para dinamizar ao noso comercio e hostalería locais.



A Concelleira de #Comercio María Xosé Fernández explicou xunto ao Vicealcalde Modesto Renda que estes "rasca e gaña" poderán obterse con compras e consumicións de 5€ e superiores e agradeceu ós e ás comerciantes e hostaleiros/as participantes a súa implicación na campaña.



ℹ️☝️ A CAMPAÑA POLO MIÚDO ⤵️



1️⃣ A duración da campaña será dende o mércores 27 de marzo ata o domingo 7 de abril de 2024.



2️⃣ O reparto garantíu que sexan establecementos (20) distintos os que teñan o rasca premiado.



3️⃣ Os premiados/as darán o seu nome, número de DNI e teléfono no local onde recibiron o premio e o comerciante/hostaleiro/a selará ou asinará dito documento, que previamente foi entregado dende a Concellería de Comercio.



4️⃣ Os premiados/as deberán recoller o seu abono no departamento de Cultura, onde deberá entregar o documento selado/asinado no establecemento xunto co "rasca".



5️⃣ Os establecementos participantes farán tamén un desconto do 5% para clientes que acudan coa pulseira do FIV durante o venres 26 e o sábado 27 de abril de 2024.



6️⃣ Os abonos foron cedidos pola empresa I-radia Crea, organzadora do FIV24, polo que a campaña non tivo ningún custe para o Concello.











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies