Noticias e alertas

📋✍️ ️O Vicealcalde e responsable de #mobilidade Modesto Renda informou hoxe da contratación da consultora especializada "iPlan",...

27/03/2024

📋✍️ ️O Vicealcalde e responsable de #mobilidade Modesto Renda informou hoxe da contratación da consultora especializada "iPlan", para a realización dun #estudo de tráfico previo á reorganización do sentido circulatorio da #RúaDaPravia.



ℹ️ O obxectivo do mesmo será facilitar a entrada tanto de visitantes coma de veciños/as do rural ó centro urbano e favorecer así o interese comercial dunha vila que, en palabras de Renda, "sempre foi unha vila servizos proxectada cara ás parroquias".



🟩 CONDICIONANTES PREVIOS QUE MOTIVARON A CONTRATACIÓN DO ESTUDO 👇



1️⃣ Actualmente, a Rúa da Pravia conta con varias paralelas que comparten con ela o mesmo sentido circulatorio e os núcleos rurais máis poboados do Concello atópanse cun difícil acceso. A idea dun

cambio da dirección facilitaría a entrada ao groso da poboación do rural (principal consumidora do comercio e a hostalería de Vilalba) e é en base á necesidade de contrastar este primeiro suposto polo que se encarga o estudo.



2️⃣ Na liña de primar o interese comercial ó tempo que se mellora a mobilidade, lémbrase tamén que outra grande parte de consumidores do comercio e a hostalería locais son veciños/as de concellos limítrofes como Xermade, As Pontes ou Ferrol e que entran a #Vilalba pola A8 e a AG64. A actual dirección na Rúa da Pravia non da continuidade ó que sempre foi un acceso natural ó centro urbano dende as autovías (e o propio Polígono Industrial) e neste senso tamén se encarga o estudo.



3️⃣ Por último, faise tamén necesario analizar que a actual dirección da Rúa da Pravia tampouco lle dá continuidade á entrada natural á vila do Camiño de Santiago (Camiño Norte) e é aí onde a empresa tamén deberá arroxar solucións pois, no marco de esixencias do Concello, definiuse como prioritaria a mellora das conexións de tráfico e peonís dende a propia Rúa da Pravia ata o Casco Histórico.



📝 METODOLOXÍA, ÁMBITO E PRAZOS 👇



O estudo avaliará e contraporá os dous escenarios sendo o escenario nº1 o relativo á situación actual e 2° o referido á situación alternativa (con cambio de sentido).



ℹ️ A análise de niveis de servizo (modelización de VISUM) dará como resultado adicional una matriz de mobilidade que representa os movementos no ámbito para o período considerado e, dita matriz, será utilizada para levar a cabo a microsimulación do ámbito de estudo xustamente en períodos que se consideren máis desfavorables (ben sexa no escenario actual como no alternativo). O obxecto disto é analizar o seu funcionamento e propór, no caso de que sexa necesario, posibles melloras.



Así, e tal e como explicou Renda, no caso de que se identificara algún condicionante a ter en conta coa dirección alternativa, elaboraranse unha serie de propostas que permitan ó Concello actuar con anterioridade.



ℹ️ Tamén e para completar o modelo de tráfico da situación actual será necesaria a realización de traballos de campo, concretamente a medición de aforos ao longo do ámbito de estudo. A campaña de aforos realizarase en días laborales mediante aforos automáticos e gravando un período de 16 horas (de 6:00 a 22:00 h). Neste caso, propóñense os seguintes puntos orientadores, co obxectivo de poder calibrar 👇



1️⃣ Rúa da Pravia - Rúa Conde Pallares - Rúa de Galicia (Glorieta): 16 horas de medición e 4 de análise por día.



2️⃣ Rúa da Pravia - Rúa Plácido Peña - Rúa Campo de Puente (Intersección): 16 horas de medición e 4 de análise por día.



3️⃣ Rúa da Pravia (Tronco): 16 horas de medición e 16 de análise por día.



4️⃣ Avenida Terra Chá - Avenida de Cospeito (Intersección): 16 horas de medición e 4 de análise por día.



5️⃣ Rúa Campo de Puente – Avenida de Cospeito (Intersección): 16 horas de medición e 4 de análise por día.



6️⃣ Rúa de Galicia - Rúa José María Chao Ledo (Intersección): 16 horas de medición e 4 de análise por día.



7️⃣ Rúa Plácido Peña - Rúa As Pontes - Rúa Cidade de Viveiro (Intersección): 16 horas de medición e 4 de análise por día.



ℹ️ Para a realización de aforos en interseccións e troncais ou glorietas, utilizarase un sistema de aforo automáticos mediante captura de VÍDEO PORTATIL (Unidade Recolectora de vídeo SCOUT) que permite a realización de aforos no viario, realizando unha recolección automática. (Distinguirase entre vehículos lixeiros e pesados)



Unha vez gravadas as imaxes das distintas vías e interseccións, os datos serán tratadas por un software de análise de imaxes, que permitirá clasificar e contar os vehículos que realizan os diferentes movementos que se permiten en cada intersección.



📅 Os traballos de campo iniciaranse no momento no que se teñan formalizadas as autorizacións e o tempo de duración total do Estudo será de catro semanas tras a recepción dos traballos de campo.



🚧🚦 OUTROS TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA CONTRATADA 👇



✅ ️Asesoramento e asistencia á Dirección Xeral de Movilidade na implantación e xestión do sistema de transporte público integrado na primeira fase do Plan de Transporte Público de Galicia



✅️ Asistencia Técnica para a redacción dos plans de explotación, iniciais e definitivos e os pregos de licitación das futuras concesións do novo Mapa Concesional do Transporte Público regular de viaxeiros por estrada de Aragón.



✅️ Estudo de reordenación da rede de autobuses da EMT nos distritos periféricos do sur de Madrid.



✅️ Restructuración, racionalización e modernización das Concesións de Servizo Público de transporte de viaxeiros por estrada de Castelló e Valencia.



✅️ Asesoramento e Asistencia á Dirección Xeral de Movilidade da Xunta de Galicia en materia de transporte público colectivo regular de uso xeral.



✅️ Planificación do Sistema de Transporte Público de viaxeiros integrado coa prestación do Transporte Baixo Demanda na zona Centro de Galicia.



✅️ Estudo de reordenación da Rede de Transporte Público de superficie en 10 municipios do sector Sur da Comunidad de Madrid.



✅️ Estudo de reconfiguración do Sistema de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada en Castela – A Mancha e a execución das actuacións para a súa implantación.



✅️ Planificación do Sistema de Transporte Público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda na zona de Conexión Interurbana e Pontevedra.



✅️ Plan de Transporte Público de Galicia, Plan de Transporte a demanda e proxectos de explotación resultantes da área Noroeste da provincia da Coruña.



✅️ Plan de Movilidad Urbana Sostible do Municipio de Andújar.



✅️ Rede de transporte público por estrada na Rexión de Murcia.



✅ ️Elaboración da Estratexia de mellora e xestión do espazo público e da mobilidade no Concello de Carballo.



✅️ Planificación do Sistema de Transporte Público de viaxeiros integrado coa prestación do Transporte Baixo Demanda na Coruña e Lugo Norte.



✅️ Estudo de Avaliación Financeira da posta en servizo do Tranvía de Xaén no novo contexto de transporte público a ter en conta na redacción do Plan Metropolitano de Transportes de Xaén.



✅️ Informe pericial da oferta presentada pola UTE Sarbus-TCC no proceso de licitación para a adxudicación do contrato de transporte en Terrassa.



✅️ Plan de Transporte Público de Galicia, Plan de Transporte a demanda y proyectos de explotación resultantes del Área Noroeste de la provincia de A Coruña.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies