Noticias e alertas

🫱🏽‍🫲🏼 O Salón de Plenos da Casa do Concello foi o escenario da recepción que a alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Deport...

11/04/2024

🫱🏽‍🫲🏼 O Salón de Plenos da Casa do Concello foi o escenario da recepción que a alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Deportes, Paula Vigo, lle fixeron hoxe ao Club de Loita Vilalba



🥇 Un acto de recoñecemento polos seus bos resultados acadados recentemente nos campionatos de España U13 e U17, de onde voltaron con dúas medallas de ouro e unha de prata



🤼‍♀️ Un dos ouros foi acadado por Jimena García, mentres que as outras dúas medallas lle corresponderon a Kevin Cuba, ámbolos dous presentes no acto xunto aos seus compañeiros Héctor Somoza, que acadou un quinto posto, Enrique Seoane, cuxa categoría non se disputou e Bruno Pintos, que acadou un sétimo posto



🫂 Ademais, os deportistas tamén estiveron arroupados polas súas familias, e os seus adestradores, Ramón Monasterio e Iván Castro



🙏🏽 Parabéns de novo e moito ánimo para seguir acadando logros e grandes fitos!



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies