Noticias e alertas

🫱🏽‍🫲🏼 Este sábado, 20 de abril, ás 20:30 o Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá o Festival Solidario Manos Unidas 2024 pr...

17/04/2024

🫱🏽‍🫲🏼 Este sábado, 20 de abril, ás 20:30 o Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá o Festival Solidario Manos Unidas 2024 promovido pola delegación de Manos Unidas Mondoñedo-Ferrol



🎶 Un evento presentado por María Xosé Lamas, que contará coas actuacións da Banda de Música de Vilalba e a Asociación Cultural Mestura de Nete



🎫 O prezo da entrada será de 5 euros que irán destinados aos proxectos nos que se atopa inmersa a organización Manos Unidas



🤰Neste momento, a delegación desenvolve o proxecto 'Atención Materno Infantil e Apoio a Mulleres Vítimas da Violencia' que busca sensibilizar sobre a situación das mulleres nos barrios marxinais de Sebka e El Mina (Mauritania), onde dúas de cada tres mulleres sufriron algún tipo de violencia



🩺 Co aporte de Mans Unidas, 250 mulleres embarazadas e lactantes recibirán coidados de saúde materno infantil e hixiene para reducir a mortalidade neo e post natal



🧑🏽‍⚕️ 20 profesionais da saúde mellorarán as súas competencias, atendendo ás nais e aos recen nacidos; así como a mulleres divorciadas e superviventes de violencia conxugal que recibirán apoio psicolóxico e asesoramento



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies