Noticias e alertas

🏃🏽‍♀️ Aberto o prazo de inscrición para a XIV Carreira Escolar das Letras Galegas, adicadas este ano a Luisa Villalta Gómez 🗓️...

18/04/2024

🏃🏽‍♀️ Aberto o prazo de inscrición para a XIV Carreira Escolar das Letras Galegas, adicadas este ano a Luisa Villalta Gómez



🗓️ Este luns vén de abrirse o prazo para que os e as escolares comecen a anotarse na carreira que se celebrará o vindeiro 10 de maio a partir das 11:00 no Estadio Municipal da Madalena



✍🏼 Todos os interesados e interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro 25 de abril a través dos seus centros escolares, onde o equipo docente conta coa documentación necesaria para proceder á recollida dos datos dos e as participantes



7️⃣ Como cada ano, a carreira de carácter participativo, contará con 7 categorías: chupete, biberón, prebenxamíns, benxamín, alevín, infantil e cadete; e todo o alumnado participante recibirá o seu correspondente avituallamento e medalla



🏟️ Ademais, estará permitido o acceso ao evento das familias do alumnado, para quen estará habilitada a grada pequena do Estadio da Madalena, quedando a grada principal reservada para alumnado e profesorado



🚌 Así mesmo, os centros educativos contarán cun servizo de autobuses para participar no evento que correrá a cargo do Concello de Vilalba, "co obxectivo de que todos e todas se animen a participar nunha xornada que reúne tres piares básicos da educación: convivencia, deporte e lingua", asegurou a alcaldesa, Marta Rouco



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies