Noticias e alertas

🚧 O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a primeira das obras incluidas polo Concello no Plan de Mellora de #Camiños de Titul...

18/04/2024

🚧 O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a primeira das obras incluidas polo Concello no Plan de Mellora de #Camiños de Titularidade Municipal correspondente á anualidade 2024.



ℹ️ Concretamente, trátase do #vial municipal que une as parroquias de San Xoán de Alba e Belesar e que parte dende a nacional N-634 na parroquia de Alba e atravesa os barrios de As Turbelas, O Curro, Cordal e Meire, dándolle acceso tanto ás vivendas, como ás parcelas e explotacións agrogandeiras da zona, ata rematar na igrexa e cemiterio de Belesar.



🗣 Tal e como explicou Renda, esta nova #obra de mellora suporá "o maior #investimento do que vai de lexislatura no rural" pois a renovación completa dos 4,385km conta cun orzamento de 85.000€.



Así mesmo, o proxecto de obra presentado recolle a rexeneración, tamén, dos tramos en peor estado da escadra de #Meire.



🗣 "Da actuación xorde unha #ramificación do vial que lle da acceso a vivendas e parcelas #agrícolas en dirección Norte. A súa lonxitude é de 490 m e é por isto que se actuará en sobreanchos, abanicos e accesos públicos deste tramo a fin de aproveitar ó máximo a explanada actual da estrada" explicou.



#InfraestruturasRurais #Parroquias #Vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies