Noticias e alertas

✅ ‘VILALBA CONTIGO’: Inserción social e atención ao desenvolvemento infantil 👉 Dentro das políticas sociais do Concello de Vila...

24/04/2024

✅ ‘VILALBA CONTIGO’: Inserción social e atención ao desenvolvemento infantil



👉 Dentro das políticas sociais do Concello de Vilalba, a inserción dos colectivos en situación de vulnerabilidade e a atención a posibles trastornos do desenvolvemento dos nenos e nenas de 0 a 6 anos son tamén dúas prioridades.



👍 "O Centro Ocupacional de Vilalba realiza un gran traballo inclusivo e pola igualdade coas diferentes iniciativas formativas de carpintería, serigrafía ou xardinería, coas que realizan encargos de institucións e entidades de todo tipo”, explica a alcaldesa, Marta Rouco. Recentemente, os usuarios realizaron por exemplo parte dos adornos de Nadal que tivo a Casa do Concello.



O centro, ao que o concello aporta 75.000 euros anuais, combina estas accións con outras actividades físicas e lúdicas. De feito, hai usuarios que forman parte da Escola Municipal de Teatro ou do equipo Genuine do Racing.



👧 A Unidade de Atención Temperá, compartida cos concellos de Guitiriz e Xermade, conta cun equipo interdisciplinar formado por profesionais en logopedia, terapia ocupacional e fisioterapia.



“O obxectivo desta unidade é dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social”, engade a alcaldesa.



📌 Son outras partidas e servizos de 'Vilalba Contigo', o novo programa a través do cal coordinaremos todas as políticas sociais municipais para mellorar a súa eficiencia.



#vilalbacontigo



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies