Noticias e alertas

💐A alcaldesa, Marta Rouco, visitou de novo o Hospital Asilo para felicitar a...

02/05/2024

💐A alcaldesa, Marta Rouco, visitou de novo o Hospital Asilo para felicitar a dúas centenarias que recentemente celebraron o seu aniversario: Consuelo Rodríguez, de 102 anos e Nicasia Criado, de 104, que se converte na persoa máis lonxeva de Vilalba



🎂 Ámbalas dúas centenarias recibirion un ramo de flores e intercambiaron unha agradábel conversa coa rexedora, así como co concelleiro de Participación Colectiva, Ignacio Criado, que acompañou a alcaldesa na súa visita



🗣️ "É moi sorprendente o bo estado de saúde no que se atopan e ilusióname moito poder manter unha conversa con elas, coñecelas e que me conten un pouquiño da súa historia de vida", sinalou Rouco, ao tempo que confesou que "durante un tempo rematan as miñas visitas para felicitacións ao Hospital Asilo, xa que a meirande parte de centenarios condensábanse nos pasados meses de marzo e abril"











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies