Noticias e alertas

👷🏽 A @depulugo trasladou esta semana ata o noso concello dous equipos de maquinaria do seu parque móbil para dar comezo á rexene...

02/05/2024

👷🏽 A @depulugo trasladou esta semana ata o noso concello dous equipos de maquinaria do seu parque móbil para dar comezo á rexeneración e acondicionamento de varios viais da zona rural de Vilalba



🚜 Ditos equipos, que foron solicitados pola rexedora vilalbesa, Marta Rouco, comezaron xa as súas labores no municipio esta mesma semana



1️⃣ Por unha banda, desprazáronse ata a parroquia de Ladra, onde un equipo traballa na rexeneración do firme de varias pistas da contorna da igrexa



2️⃣ Mentres que o segundo equipo leva a cabo a apertura de cunetas e a oportuna reposición da capa de rodadura da pista de terra que une o barrio da Ferreira co marco das catro aldeas na parroquia de Lanzós



🗣️ "Grazas á disposición destes equipos poderemos levar a cabo certos traballos de rexeneración en numerosos viais do rural. Traballos que sen a colaboración institucional, neste caso da Alcaldía e da Presidencia da Deputación, non serían posibles" sinalou a alcaldesa, @marta_rouco



➕ Tal e como se informou en datas anteriores, a Alcaldía de Vilalba tamén logrou o compromiso de colaboración do ente provincial para que o Concello poida facer fronte ás axudas das comisións de festas das parroquias, que este ano se darán tal e como se viña facendo sempre



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies