Noticias e alertas

👷🏽 A Concellería de Infraestruturas Urbanas e a Alcaldía anunciaron na mañá...

07/05/2024

👷🏽 A Concellería de Infraestruturas Urbanas e a Alcaldía anunciaron na mañá de hoxe a finalización das actuacións relativas á rexeneración do firme dunha das travesías que une a Rúa Mondoñedo coa Avenida da Terra Chá, financiada a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024



🏘️ Unha vez levados a cabo os traballos de limpeza e acondicionamento da vía, a maquinaria procedeu ao asfaltado en quente do firme da rúa, quedando esta totalmente rexenerada e cunha nova capa de rodaxe



🔜 Nas vindeiras datas levaranse a cabo os traballos de pintado e sinalización da rúa, de tal forma que os usuarios e usuarias da mesma conten cunhas condicións de seguridade e comodidade óptimas



🗣️ "Trátase dunha actuación que considerabamos necesaria debido ao estado de deterioro no que se atopaba o firme desta travesía" sinalou a alcaldesa @marta_rouco







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies