Noticias e alertas

🚧 O Vicealcalde Modesto Renda vén de anunciar a terceira #obra incluida polo Concello no 'Plan de mellora de camiños de titulari...

07/05/2024

🚧 O Vicealcalde Modesto Renda vén de anunciar a terceira #obra incluida polo Concello no 'Plan de mellora de camiños de titularidade municipal' que financia a AGADER, correspondente á anualidade 2024.



ℹ️ Concretamente, trátase do #vial municipal que lle dá acceso ás vivendas do barrio da #Bardela e ás distintas #parcelas agrícolas e forestais desta zona da parroquia de #Román.



👉 Cun percorrido #lonxitudinal de 1,110 km e un #ancho medio de 3,20 m, trátase do único vial de comunicación pavimentado co que contan os veciños da Bardela para acceder as súas vivendas e explotacións agrogandeiras, polo que a súa

densidade de tráfico é notable para o tipo de vía.



🗣 Tal e como explicou Renda, esta nova #obra de mellora foi unha das máis solicitadas na xuntanza celebrada hai uns meses por parte dos veciños/as da parroquia e o investimento contemplado neste xa presentado proxecto ascende aos 17.270,07€.



#InfraestruturasRurais #Parroquias #Vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies