Noticias e alertas

✅ A alcaldesa, Marta Rouco, e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luís...

08/05/2024

✅ A alcaldesa, Marta Rouco, e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luís Fernández, acudiron esta mañá á recepción da obra de construción das novas piscinas exteriores da Madalena



🔜 Desta forma, o goberno local traballa xa na posta a punto das novas piscinas co obxectivo de poder abrilas durante o comezo do verán



🏊🏼 A obra final inclúe tres piscinas: unha infantil de 0,45 metros de profundidade, unha de natación para uso deportivo de 1,55 metros de profundidade máxima e outra recreativa cunha profundidade de 1,20 metros



🚻 Ademais, as instalacións tamén contan cun edificio de servizos no cal se integran os vestiarios, os aseos, a sala de socorrismo, un almacén e unha zona para recepción



🗣️ "A intención é que a transición dende a contorna da praia fluvial ao espazo propio das instalacións recreativas se conciba como un lugar único, integradas ambas zonas nunha soa" sinalou o Concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández,



💬 Ademais, Fernández salientou "a separación existente entre as propias piscinas e as instalacións de uso para os usuarios e usuarios da praia fluvial, que contarán con aseos e vestiarios á súa disposición de acceso totalmente libre"







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies