Noticias e alertas

📌 O Concello de Vilalba confía en que a nova Estratexia Galega de Mobilidade, aprobada o luns polo Consello de Xunta e que estar...

09/05/2024

📌 O Concello de Vilalba confía en que a nova Estratexia Galega de Mobilidade, aprobada o luns polo Consello de Xunta e que estará dotada de 420 millóns de euros, inclúa a posta a punto da estación de autobuses da vila.



👉 “A Xunta quere apostar polo transporte público e eu coincido totalmente, pero esas declaracións contrastan coa realidade da estación de autobuses de Vilalba, en estado de abandono por parte do goberno galego”, asegura Marta Rouco.



“Somos un concello cabeceira de comarca e estamos nunha situación xeografica que fai necesario que a nosa estación se acondicione, os nosos veciños e veciñas non merecen unha estación de autobuses pechada e nas condicións nas que está actualmente”, engade Rouco.



A alcaldesa pide unha renovación integral da estación e, mentres tanto, “os usuarios necesitan contar cuns servizos mínimos, como un lugar onde esperar en condicións e non agardar á intemperie, e tamén uns baños que poidan utilizar”.



A alcaldesa esixe que a Administración autonómica lle dea unha solución ao problema “dunha vez por todas” e poña enriba da mesa a proposta que merecen os veciños e veciñas de Vilalba. Polo de agora, o Goberno galego só indicou hai máis de seis meses a súa intención de construír un apeadeiro, “un plantexamento co que non estamos de acordo”.



A alcaldesa confía en reunirse pronto co conselleiro encargado da Mobilidade no novo goberno da Xunta, Diego Calvo, e co director Xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, ao que xa se lle solicitaron numerosas reunións.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies