Noticias e alertas

📌 A ALCALDESA DE VILALBA PÍDELLE Á NOVA DIRECTORA XERAL DE MOBILIDADE QUE INCLÚA “ENTRE SUS PRIMEIRAS PRIORIDADES UNHA SOLUCIÓN ...

23/05/2024

📌 A ALCALDESA DE VILALBA PÍDELLE Á NOVA DIRECTORA XERAL DE MOBILIDADE QUE INCLÚA “ENTRE SUS PRIMEIRAS PRIORIDADES UNHA SOLUCIÓN PARA A NOSA ESTACIÓN DE AUTOBUSES”



👉 “É un asunto de grande trascendencia para Vilalba”, sostén Marta Rouco, que solicítalle unha reunión “coa maior brevidade posible” a Judit Fontela



A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, pídelle á nova directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, que inclúa “unha solución para a nosa estación de autobuses na súa axenda de prioridades a curto prazo”.



“É un asunto de grande trascendencia para Vilalba, un concello cabeceira de comarca cunha situación xeográfica que fai necesaria contar cunha estación en condicións, xa que é un lugar de paso, chegada e saída para numerosos viaxeiros”, sostén Marta Rouco.



Por estes motivos, solicitoulle por escrito unha reunión “coa maior brevidade posible” a Judit Fontela, que tomou posesión como nova directora Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.



“Tivemos un encontro hai xa seis meses, en novembro, no que a Xunta plantexou unha alternativa coa que non estamos dacordo, pero o tema está paralizado desde entón, unha situación que non merecen os nosos veciños e veciñas, e ademais cambiaron tanto a conselleira como o director xeral de Mobilidade”, engade.



Desde o Concello de Vilalba envíase cada semana unha solicitude de reunión, a de onte xa coa nova directora xeral.



A alcaldesa de Vilalba pide unha renovación integral da estación de autobuses e, mentres tanto, “os usuarios necesitan contar cuns servizos mínimos nas instalacións”.



Por último, Rouco lembra a recente Estratexia Galega de Mobilidade, presentada por Rueda este mesmo mes e que estará dotada de 420 millóns de euros para impulsar o transporte público en toda a comunidade autónoma.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies