Noticias e alertas

🛝 A Concellería de Infraestruturas Urbanas vén de acadar a concesión dunha subvención por importe de 35.778,56 euros coa que, su...

24/05/2024

🛝 A Concellería de Infraestruturas Urbanas vén de acadar a concesión dunha subvención por importe de 35.778,56 euros coa que, sumada á achega municipal, se executará a renovación do parque infantil da rúa da Emigración



🔜 En concreto trátase dunha axuda concedida pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para acometer as obras cuxo proceso de licitación comezará nas vindeiras datas



ℹ️ As labores supoñerán a colocación dunha corda tirolesa de 25 metros, así como a reparación dos xogos existentes, o cambio de localización do mobiliario actual, a instalación dun novo pavimento de seguridade e a colocación dunha valla perimetral



🗣️ A alcaldesa, Marta Rouco, salientou que se trata dunha acometida "que busca proporcionar a máxima seguridade, dinamizar o espazo de xogo dos nenos e nenas e proporcionarlles recursos adaptados ás súas necesidades"



#Alcaldía #Infraestruturas #Urbanas #parque #Emigración #renovación #Concello #Vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies