Noticias e alertas

🛍️ A praza da Constitución do Concello de Vilalba acolle hoxe e mañá unha nova...

13/04/2024

🛍️ A praza da Constitución do Concello de Vilalba acolle hoxe e mañá unha nova edición da Feira de Oportunidades do comercio local, que conta con máis de 15 establecementos participantes, tanto de Vilalba como de concellos limítrofes.



A organización correspondeu á concellería de Feiras e Mercados de Vilalba.



🗣️ "Quero dar as grazas ao comercio local pola sua participación e a todas as persoas que xa pasaron e pasarán pola feira", sinalou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.



🎟️ Hai ademais inchables para os nenos e nenas, un sorteo cun premio dunha fin de semana para dúas persoas nun cofre VIP e outro sorteo de 16 vales de compra de 20 euros.



🏆 Esta tarde, a feira compartirá protagonismo co I Trofeo Roscón de Vilalba de Billarda que se celebrará a partir das 16:00 horas no Campo da Feira e que organiza o Concello de Vilalba en colaboración coa Liga Nacional de Billarda e a ACD O Varal



😀 Grazas!















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies