23/04/2024
♻️ Dende onte xa están instalados os colectores para a recollida da materia orgánica nas rúas vilalbesas
🟤 Como vos contamos fai unhas semanas, cando presentamos 'Vilalba Orgánica', trátase dun proxecto ao que vos podedes sumar pasando a recoller pola Casa do Concello a chave que vos permitirá abrir os colectores (unha por domicilio)
9️⃣ En concreto son nove os colectores instalados e están localizados nos seguintes puntos:
📍Avenida da Terra Chá, 82
📍Avenida da Terra Chá, 15-17
📍Rúa de Galicia, 33
📍Rúa de Galicia, 11
📍Praza do Coronel Pena
📍Rúa da Pravia, 35
📍Rúa Campo de Puente, 1
📍Rúa Campo de Puente, 24
📍Rúa Plácido Peña, 37
🗣️ "Queremos animar a toda a veciñanza a que se sume a esta iniciativa comezando por separar os residuos orgánicos nas súas casas para logo botalos ao colector correspondente e así contribuír ao coidado do medioambiente e a unha reciclaxe máis comprometida e eficiente" sinalou o concelleiro de Servizos Municipais, Eduardo Vidal
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies