Noticias e alertas

👧👦 ‘VILALBA CONTIGO’: CONCILIACIÓN

06/05/2024

👧👦 ‘VILALBA CONTIGO’: CONCILIACIÓN



Dentro das políticas sociais do Concello de Vilalba, ocupan un lugar importante as medidas de conciliación da vida familiar.



👉 “O concello asumiu no 2021 o servizo de Madrugadores, cun investimento por curso de 20.000 euros e 60 prazas, que permiten que as nais e os pais poidan chegar aos seus postos de traballo”, explica a alcaldesa e responsable da área de Servizos Sociais, Marta Rouco.



Tamén é de xestión municipal o comedor da Escola de Educación Infantil, que este curso ofreceu 68 prazas e o investimento por parte do concello supera os 81.000 euros.



Ademais, o concello xestiona a escola infantil municipal, con 42 prazas. Os orzamentos municipais de 2024 destinan unha partida de case 200.000 euros a este servizo e 70.000 euros ao convenio co Consorcio Galego de Benestar por ter unha Galiña Azul en Vilalba



O concello oferta tamén campamentos de verán (80 prazas) e campamento de Nadal (40 prazas).



A estes servizos, que supoñen un gasto total por curso para o concello duns 375.000 euros, unirase o novo Punto de Atención á Infancia (PAI). Dará servizo a 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias.



✅ Son outras partidas e servizos de 'Vilalba Contigo', o novo programa a través do cal coordinaremos todas as políticas sociais municipais para mellorar a súa eficiencia.



#vilalbacontigo



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies