🧀 Vilalba prepárase para celebrar unha edición moi especial da @festaqueixosansimon
🎙️ A alcaldesa Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo, presentaron hoxe a programación da XXX Festa do Queixo, que se celebrará os días 4 e 5 de abril na capital chairega.
➡️ Durante a fin de semana, a Praza da Constitución converterase no epicentro da festa cun amplo programa de actividades: feira, showcookings, catas, sesións vermú, actividades para os máis pequenos e o pregón de Marcos Pereiro.
🎶 A programación completarase cos concertos da noite do sábado na Praza de Santa María, con actuacións de 9Louro e Mondra.
📌 Unha fin de semana para celebrar un dos nosos produtos máis emblemático e converter Vilalba nun gran punto de encontro arredor da gastronomía, a música e as tradicións da nosa terra.
#alcaldia #feirasemercados #xxxfestadoqueixo #sansimondacosta #concellodevilalba