Noticias e alertas

🧀 A organización da Festa do Queixo San Simón da Costa presenta a vixésimo oitava edición da cita ℹ️ O Concello de Vilalba, a ...

22/03/2024

🧀 A organización da Festa do Queixo San Simón da Costa presenta a vixésimo oitava edición da cita



ℹ️ O Concello de Vilalba, a Asociación de Queixeiros de San Simón da Costa e o Consello Regulador da DOP San Simón da Costa @sansimondacosta deron a coñecer esta mañá todos os detalles dunha cita que se celebrará os vindeiros días 6 e 7 de abril



🕚 A feira celebrarase na Praza da Constitución e abrirá ás 11:00 o sábado 6



🎶 Durante a mañá contará coa actuación musical de Buxos Verdes e ás 12:00 ofrecerase unha cata de queixo e maridaxe a cargo de Mercedes González e Salomé Beiroa



🕟 Pola tarde ás 16:30 impartirase un taller infantil de elaboración de queixo e ás 17:30 un taller infantil de cociña con queixo San Simón



🎭 Ás 19:00 será o actor Sergio Pazos quen lerá o pregón desta vixésimo oitava edición e ás 19:30 entregaranse os premios da VIII Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa organizada polo @ccterracha



🎤 Para rematar a xornada e como unha das principais novidades a emerxente banda @therapants ofrecerá un concerto ás 21:00 na Praza de Santa María



🕙 O domingo 7, coincidindo coa feira mensual de Vilalba, a feira do queixo abrirá ás 10:00 e amenizaráa musicalmente Cerna de Árbol ata as 15:00, momento no que concluirá a cita



🗣️ A alcaldesa, @marta_rouco , aproveitou a presentación da cita para "agradecer a todos os produtores e produtoras que sigan contribuíndo a poñer en valor un produto tan representativo do noso municipio" e ao mesmo tempo "convidar a todos e a todas a que veñan coñecer a nosa cultura, a nosa gastronomía e a nosa vila"



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies