Noticias e alertas

🌏 Dende o Concello de Vilalba sumámonos á Hora do Planeta apagando as luces dos edificios e monumentos máis emblemáticos 💡 Dest...

22/03/2024

🌏 Dende o Concello de Vilalba sumámonos á Hora do Planeta apagando as luces dos edificios e monumentos máis emblemáticos



💡 Deste xeito, entre as 20:30 e as 21:30 de mañá, sábado 23 de marzo, a Casa do Concello, as letras emblemáticas de Vilalba e a Torre dos Andrade apagarán a súa iluminación nun xesto simbólico para concienciar da necesidade de ser máis respectuosos co noso planeta



ℹ️ A #HoradelPlaneta é un movemento mundial no que participan máis de 190 países e ao que nos sumamos para amosar o noso compromiso na loita contra o cambio climático e a perda da biodiversidade



🫵🏼 Ti tamén podes sumarte a este acto simbólico e contribuír cada día a avanzar cara unha sociedade sostible e xusta, así como un futuro resiliente ao clima e de cero emisións netas



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies