Noticias e alertas

🫱🏽‍🫲🏼 O Concello de Vilalba, a Fundación Galicia Obra Social (AFundación) e ABANCA asinan un convenio de colaboración para a exh...

12/04/2024

🫱🏽‍🫲🏼 O Concello de Vilalba, a Fundación Galicia Obra Social (AFundación) e ABANCA asinan un convenio de colaboración para a exhibición da exposición "Castelao grafista (fascímile)" na Casa da Cultura de Vilalba durante o vindeiro mes de maio



✍🏼 Cuestión que foi protagonista da reunión que mantiveron hoxe os representantes das tres entidades colaboradoras, Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba, Oscar Rodríguez, en representación de ABANCA e Beatriz Fernández, en representación de Afundación



🗣️ A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, salientou "a importancia de divulgar unha traxectoria tan impresionante como a de Rodríguez Castelao, quen descubrimos que pasara pola nosa vila para participar no Ateneo Cultural de Vilalba no ano 1936 e cuxo legado merece ser coñecido e recoñecido por todos nós"



🖼️ En concreto, trátase dunha exhibición das múltiples facetas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co obxectivo de dar difusión á súa obra e divulgar o seu pensamento



📍 A sala Ramón Guntín da Casa da Cultura de Vilalba será a localización que acolla a exposición a partir do vindeiro martes 30 de abril ata o remate do mes de maio en horario de visita de luns a venres de 11 a 13 e de 17.30 a 20 horas



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies